sábado, octubre 18, 2014

FERIDA. HERIDA




Esta é a historia dunha patria ferida
unha man
unha pa
terra e máis terra
calando palabras
o imperio das formigas 
alleas
corazón de formiga

outra man
unha pa
terra e máis terra

lingua suicida tan amada
coa gorxa sempre a punto
arredor da gorxa
no nó que aperta un chisco
e outro chisco
aperta

outra man
unha pa
terra e máis terra

os vermes fan a rolda
danza da morte nos ollos
pasto dos vermes
comestos un a un
neste baleiro
no esquezo dos nomes
macondo
macondo sen nomes

outra man
e outra
un millón de pas
enterrándonos
fondo e máis fondo
sombra de nós mesmos

cuspo terra
cúspovos, a vós (a nós)
culpables
tantos e tantos culpables
vendedores de pas
compradores de almas
sen futuro

 ***

Esta es la historia de una patria herida
una mano
una pala
tierra y más tierra
callando palabras
el imperio de las hormigas 
ajenas
corazón de hormiga

otra mano
una pala
tierra y más tierra

lengua suicida tan amada
con la garganta siempre a punto
alrededor de la garganta
en el nudo que apreta un poco
y otro poco
apreta

otra mano
una pala
tierra y más tierra

los gusanos vermes en corro
danza de la muerte en los ojos
pasto de los gusanos
comidos uno a uno
en este vacío
en el olvido de los nombres
macondo
macondo sin nombres

outra man
e outra
un millón de pas
enterrándonos
fondo e máis fondo
sombra de nós mesmos

escupo tierra
os escupo, a vosotros (a nosotros)
culpables
tantos y tantos culpables
vendedores de palas
compradores de almas
sin futuro






 Imaxe: Catrin Welz-Stein



No hay comentarios: